O posesivo non concordado en galego e en castelán de Galicia como mudanza sintáctica en curso
Bibliographic Data
| ID | 21660701 |
|---|---|
| Authors | Carme Silva-Domínguez (0000-0002-2839-9901, Universidade de Santiago de Compostela, corresponding author) |
| Year | 2022 |
| Volume | 24 |
| Pages | 191-216 |
| Publication date | 2022-01-31 |
| Open Access | Yes |
| Type | ARTICLE |
| Venue | Madrygal Revista de Estudios Gallegos (JOURNAL) |
| Journal identifiers | ISSN: 1138-9664 • E-ISSN: 1886-7782 |
| Publisher | Universidad Complutense de Madrid (UCM) (PUBLISHER) |
| DOI | 10.5209/madr.80240 |
| OpenAlex | W4210320862 |
| Language | ES |
| References cited | 18 |
O presente artigo ofrece unha análise de dous tipos de pronome posesivo non concordado que son posibles en galego e no castelán de Galicia. Por unha banda, o coñecido avance do paradigma cara a estruturas nucleadas por un adverbio de lugar, do tipo de diante miña. Pola outra, o menos descrito, mais tamén frecuente, posesivo carente de concordancia en locucións adverbiais de significado locativo e outras. Trátase de exemplos como ao lado súa e semellantes. A análise consiste nun baleirado dos corpus TILG, CORGA e CORILGA para o galego, ESLORA para o castelán de Galicia. Mediante eles dáse conta da cronoloxía do fenómeno e do poder explicativo dos seguintes factores no avance da innovación: a persoa gramatical, o tipo de adverbio ou locución adverbial, o grao de animación do antecedente, entre outros. Arguméntase, así mesmo, en favor da interpretación da mudanza como cambio desde abaixo, e descríbense os dous intentos de operar un cambio desde arriba sobre a innovación. Finalmente, achéganse evidencias en favor da interpretación do cambio sintáctico como endóxeno e procúrase unha explicación novidosa do fenómeno peculiar que representa a selección do xénero feminino para a forma de posesivo en ambos os sistemas lingüísticos
Humanities · Physics · Basque language and culture studies · Galician and Iberian cultural studies · Philosophy · Spanish Linguistics and Language Studies
| Highly cited | No |
|---|