Entre o épico e o paródico
Procesos de liberación nacional en La saga/fuga de J. B. de Gonzalo Torrente Ballester
Bibliographic Data
| ID | 21660741 |
|---|---|
| Authors | Pablo Pesado Rodríguez (0000-0002-9105-4113, Universidade de Santiago de Compostela, corresponding author) |
| Year | 2020 |
| Volume | 23 |
| Pages | 267-283 |
| Publication date | 2020-12-16 |
| Open Access | Yes |
| Type | ARTICLE |
| Venue | Madrygal Revista de Estudios Gallegos (JOURNAL) |
| Journal identifiers | ISSN: 1138-9664 • E-ISSN: 1886-7782 |
| Publisher | Universidad Complutense de Madrid (UCM) (PUBLISHER) |
| DOI | 10.5209/madr.73612 |
| OpenAlex | W3128031553 |
| Language | PT |
| References cited | 9 |
Gonzalo Torrente Ballester (1910-1999) é, sen dúbida, un dos máis importantes novelistas da literatura española da segunda metade do pasado século. A conquista desa posición canónica a partir dos anos 70 está directamente relacionada coa boa recepción, tanto por parte da crítica como por parte do público, da que gozou a súa novela La saga/fuga de J. B., publicada en 1972. É tamén a partir dese momento que o autor se achegará á cultura galega e que comezará a participar dos seus debates intelectuais e políticos. Con este contributo pretendemos deitar luz sobre as estratexias que Torrente desenvolveu para conseguir ocupar posicións relevantes en dous sistemas –o galego e o español– sucados por un conflito nacional. Analizaremos con ese fin o papel que historia e historiadores xogan en La saga/fuga de J. B., prestando particular atención aos distintos procesos de liberación nacional que constitúen a súa trama. Intentaremos así dar unha nova lectura ao texto que o comprenda non só como un artefacto lúdico, senón tamén como un texto de compromiso político
Art · Humanities · Comparative Literary Analysis and Criticism · Galician and Iberian cultural studies
| Highly cited | No |
|---|