Skip to main content

ETHNOS_APP

Home • Search • Journals • List 0

Indicios lingüísticos para unha datación dos Miragres de Santiago no arcebispado de Berenguel de Landoira

Bibliographic Data

ID21660766
AuthorsRamón Mariño Paz (0000-0001-5637-3357, Universidade de Santiago de Compostela, corresponding author)
Year2025
Volume26
Pagese104163
Publication date2025-07-23
Open AccessYes
TypeARTICLE
VenueMadrygal Revista de Estudios Gallegos (JOURNAL)
Journal identifiersISSN: 1138-9664 • E-ISSN: 1886-7782
PublisherUniversidad Complutense de Madrid (UCM) (PUBLISHER)
DOI10.5209/madr.104163
OpenAlexW4413809175
LanguageES
References cited2

Coñecemos os Miragres de Santiago a través dun manuscrito de entre 1390 e 1420 que contén unha copia moi descoidada dunha obra elaborada con anterioridade. Dada a importancia que nela teñen os relatos da vida de Santiago o Menor e do traslado da súa cabeza a Santiago de Compostela, algúns historiadores da arte sinalaron que a súa escritura debeu de ser promovida por Berenguel de Landoira, arcebispo de Santiago de 1317 a 1330 que en 1322 ordenou que se fixese un busto relicario para a cabeza do devandito apóstolo, ou por Juan García de Manrique, arcebispo entre 1383 e 1388, que mandou enriquecer o dito relicario e tomou outras medidas encamiñadas a relanzar o culto deste santo. Neste artigo fago unha análise de nove variábeis lingüísticas en que se reúnen datos que, na miña opinión, avalan a hipótese de que a obra foi promovida durante o arcebispado de Berenguel de Landoira, que probabelmente dispuxo a inclusión dos relatos relacionados con Santiago o Menor no marco do libro que coñecemos como Miragres de Santiago, e non a escritura dun Liber Sancti Iacobi Minoris autónomo. Só en dúas das variábeis exploradas detectei datos que poderían suxerir para os relatos da Epifanía e da Ascensión unha datación máis tardía que para o resto da obra

Humanities · Galician and Iberian cultural studies · Medieval and Early Modern Iberia · Medieval Iberian Studies · Philosophy

Highly citedNo

Tools

Open DOIOpen Access
Ethnos_APP • Open Source Project • MIT License • Frontend v2.0.0 • Privacy and Cookies • API Documentation: api.ethnos.app/docs • API Source Code: GitHub • DOI: 10.5281/zenodo.17049435 • Frontend Source Code: GitHub • DOI: 10.5281/zenodo.17050053 • cruz.rio.br • Expectantes Misericordiae