Comportamentos tradutolóxicos, feminismos e literatura infantoxuvenil
Algunhas calas no ámbito galego
Bibliographic Data
| ID | 21660828 |
|---|---|
| Authors | Montserrat Pena Presas (0000-0001-5565-5408, Universidade de Santiago de Compostela, corresponding author) |
| Year | 2020 |
| Volume | 23 |
| Pages | 251-266 |
| Publication date | 2020-12-16 |
| Open Access | Yes |
| Type | ARTICLE |
| Venue | Madrygal Revista de Estudios Gallegos (JOURNAL) |
| Journal identifiers | ISSN: 1138-9664 • E-ISSN: 1886-7782 |
| Publisher | Universidad Complutense de Madrid (UCM) (PUBLISHER) |
| DOI | 10.5209/madr.73611 |
| OpenAlex | W3127098565 |
| Language | PT |
| References cited | 4 |
Este artigo analiza o campo literario infantoxuvenil galego a partir das pegadas que os feminismos e as traducións tiveron nel. A partir do establecemento previo dunha serie de períodos no referente ao impacto dos feminismos nas obras para a infancia e a mocidade, tentarase ver se as obras feministas doutros sistemas literarios precederon e foron modelo das galegas no marco da literatura infantil e xuvenil, se as autoras comprometidas cos feminismos en Galicia foron tamén tradutoras de textos coeducativos e se na actualidade o campo literario galego conta coas obras referenciais na abordaxe de cuestións como as masculinidades alternativas, as identidades sexuais non normativas ou os personaxes *trans. Grazas á análise de casos concretos, comprobarase que o campo literario galego tardou en importar obras feministas para o lectorado en formación, que as obras galegas souberon ser innovadoras con respecto aos feminismos –aínda que nalgunhas delas se perciba a influencia de certos modelos– e que, no tempo en que se precisaban traducións pola entrada do galego no ensino, privilexiáronse os textos das tradicións populares veciñas e os clásicos da literatura infantil. Ademais, incidirase en que, nos últimos anos, a tradución de autoras é algo moi habitual, mentres que tamén se conta con algúns textos feministas interesantes, mais isto ocorre sen ningún tipo de planificación previa que garanta unha calidade e os mecanismos de diversidade cultural que un sistema literario coas particularidades do galego precisa
Art · Humanities · Galician and Iberian cultural studies · Gender and Feminist Studies · Immigration and Intercultural Education
| Highly cited | No |
|---|