Podemos falar dunha Rosalía transmedial
Rosalía de Castro na ficción audiovisual e as súas marcas de identidade
Bibliographic Data
| ID | 22019209 |
|---|---|
| Authors | Iolanda Ogando, Iolanda Ogando González (0000-0001-7895-454X, Universidad de Extremadura, corresponding author) |
| Year | 2020 |
| Volume | 2 |
| Issue | 1 |
| Pages | 77-90 |
| Publication date | 2020-06-29 |
| Open Access | Yes |
| Type | ARTICLE |
| Venue | Revista 2i | Estudos de Identidade e Intermedialidade (JOURNAL) |
| Journal identifiers | ISSN: 2184-7010 • E-ISSN: 2184-7010 |
| Publisher | University of Minho (PUBLISHER • PT) |
| DOI | 10.21814/2i.2530 |
| OpenAlex | W3039434751 |
| Language | PT |
| References cited | 1 |
Rosalía de Castro, cerne do canon literario galego, coñeceu unha fortuna moi irregular na súa transmutación de figura autoral en símbolo, pois sendo unha efixie cultural indiscutida, a súa centralidade implicaría o apagamento de moitas das súas actitudes e conviccións. Este contraste entre recoñecemento e descoñecemento reproduciuse en moitos ámbitos, entre eles o audiovisual, sector no que o proceso de construción da imaxe da escritora ocupa un lugar significativo, pero tamén xorde marcado polas contradicións detectábeis nos outros campos. Por esta razón, cremos que reexaminar a pasaxe do relato vital e literario de Rosalía ao audiovisual, sexa desde o terreo dos estudos cinematográficos, sexa desde os estudos literarios, e máis concretamente desde as achegas das narrativas transmediais, poden proporcionar máis luz no arduo proceso de configuración do símbolo rosaliano e, con el, de toda a cultura. Con esa perspectiva, no presente traballo estudamos a transmediación rosaliana realizada na miniserie Contou Rosalía (2018), con especial atención ao tratamento dado á imaxe de Rosalía no telefilme e nos documentos audiovisuais xerados ao redor do mesmo, e a súa relevancia na conformación da identidade galega
Art · Humanities · Comparative Literary Analysis and Criticism · Galician and Iberian cultural studies · Literature, Culture, and Aesthetics · Philosophy
| Highly cited | No |
|---|