Galicia, Portugal, Brasil
Unha lanza pola dialectoloxía
Bibliographic Data
| ID | 22120195 |
|---|---|
| Authors | Rosario Álvarez Blanco (0000-0002-3043-0621, Universidade de Santiago de Compostela, corresponding author) |
| Year | 2025 |
| Volume | 11 |
| Issue | 2 |
| Pages | e67403 |
| Publication date | 2025-09-03 |
| Open Access | Yes |
| Type | ARTICLE |
| Venue | LaborHistórico (JOURNAL) |
| Journal identifiers | ISSN: 2359-6910 • E-ISSN: 2359-6910 |
| Publisher | LaborHistorico (PUBLISHER) |
| DOI | 10.24206/lh.v11i2.67403 |
| OpenAlex | W4414001506 |
| Language | EN |
Móstrase o valor dos datos lingüísticos, coa súa variación no espazo e no tempo, e a importancia do labor dos lingüistas para desvelar a información esencial que conteñen a forma e significado das palabras, non só para a historia da lingua senón para a historia da cultura e das conexións establecidas outrora entre pobos e territorios, por veces moi distantes. Aténdese ao vasto mundo do bloque galego-portugués, co foco de atención situado en Europa (Portugal e Galicia) e en América (Brasil), mostrando a necesidade de ter en conta o galego na reconstrución e descrición do relato histórico do bloque lingüístico no seu conxunto. Articúlase en catro estudos de caso: a diversidade semántica actual de dorna alumea as orixes nun pasado remoto, prerromano; a disposición espacial da multiplicidade de formas dialectais de port. murrase gal. murnas, permite conxecturar sobre a orixe etimolóxica e as vías de diversificación formal; contemplar o adxectivo nordestino sarolho nun marco menos local, incluíndo a variación en Galicia e Portugal, permite completar a evolución fonética e semántica e salientar a innovación producida no Brasil; finalmente, changüí ilustra as viaxes transatlánticas, de ida e volta, entre tres continentes, nos que arraigou con significados ben diferentes
Geography · Political science · Historical Education and Society
| Highly cited | No |
|---|