Skip to main content

ETHNOS_APP

Home • Search • Journals • List 0

A singularidade do discurso trobadoresco de Alfonso X

Bibliographic Data

ID22120244
AuthorsEsther Corral Díaz (0000-0003-0199-0790, Universidade de Santiago de Compostela, corresponding author)
Year2020
Volume6
Issue2
Pages427-443
Publication date2020-12-29
Open AccessYes
TypeARTICLE
VenueLaborHistórico (JOURNAL)
Journal identifiersISSN: 2359-6910 • E-ISSN: 2359-6910
PublisherLaborHistorico (PUBLISHER)
DOI10.24206/lh.v6i2.32756
OpenAlexW3114032405
LanguagePT

No presente traballo destácase o cancioneiro profano de Alfonso X como a produción máis persoal do monarca, no que se pode percibir a voz propia dun trobador que se acomoda aos canons da tradición trobadoresca europea, ao mesmo tempo que se erixe en cabeza visible dunha corte que se consolida como o espazo más dinámico da lírica trobadoresca peninsular. Para iso analízase o labor de acollida da corte alfonsí das correntes literarias foráneas que logo traslada a súa propia obra, as circunstancias que explican que a súa poética sexa escrita en galego, e as particularidades do seu cancioneiro trobadoresco. O corpus presenta unha complexa tradición manuscrita e uns problemas codicolóxicos, que suscitan aínda hoxe debates entre a crítica (como a fixación e establecemento dos textos). O estudo das súas cantigas mostra que o discurso trobadoresco alfonsí sobresae polo dominio do autor das técnicas marcadas pola escola, así como pola aguda e persoal percepción da sociedade e dos acontecementos históricos do momento

Art · Humanities · Medieval and Early Modern Iberia · Medieval Architecture and Archaeology · Medieval Iberian Studies · Philosophy

Highly citedNo

Tools

Open DOIOpen Access
Ethnos_APP • Open Source Project • MIT License • Frontend v2.0.0 • Privacy and Cookies • API Documentation: api.ethnos.app/docs • API Source Code: GitHub • DOI: 10.5281/zenodo.17049435 • Frontend Source Code: GitHub • DOI: 10.5281/zenodo.17050053 • cruz.rio.br • Expectantes Misericordiae